Solicitude de baixa no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Para solicitar a túa baixa como colexiado ou colexiada no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, deberás enviar debidamente cumprimentado e asinado o impreso  correspondente por correo certificado e con acuse de recibo para que teñas constancia de que é recibido no Colexio. Tamén podes facelo por correo electrónico se dispós de sinatura dixital ou a través da sede electrónica do Colexio: [accede ao enlace]

Para que non se che emita o seguinte recibo, a baixa deberá estar no Colexio como moi tarde o 30 do mes anterior ao paso do cobro dos recibos (30 de xuño e 30 de decembro)

Impreso [ver pdf]