Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2020, a Xunta Directiva, na súa reunión de 9 de marzo de 2024, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.

13/3/2024

Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

11/3/2024

Declaración Institucional do COPG co motivo do día Internacional da Muller, 8 de marzo de 2024.

No Día Internacional da Muller, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Consejo General de la Psicología desexamos unir a nosa voz á defensa da igualdade de xénero en todas as súas formas e manifestacións, coa convicción de que debemos fortalecer o consenso social arredor disto. Recoñecemos que a igualdade de xénero é un dereito humano fundamental e un requisito indispensable para unha sociedade xusta e equitativa.

8/3/2024

‘Foro de Empregabilidade, Emprego e Emprendemento en Psicoloxía’ (FORO 3EP)

O ‘Foro de Empregabilidade, Emprego e Emprendemento en Psicoloxía’ (en adiante, FORO 3EP) xorde co propósito de crear un espazo innovador onde profesionais, egresadas/os e estudantes de psicoloxía poidan explorar novas oportunidades de carreira, mellorar a súa empregabilidade e fomentar o espírito emprendedor na nosa disciplina.

7/3/2024

Curso “Psicoterapia en trauma relacional”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Psicoterapia en trauma relacional”, que se celebrará o día 13 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

29/2/2024

Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

A vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión celebrarase online o día 12 de marzo de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 7 de marzo. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

22/2/2024

Faladoiro “Reflexións sobre a intervención psicolóxica en diferentes contextos culturais”

O Grupo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o faladoiro “Reflexións sobre a intervención psicolóxica en diferentes contextos culturais”, que se celebrará o 14 de marzo de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O faladoiro ten como obxectivos re-coñecer aspectos cultuais na intervención psicolóxica e valorar posibles recursos para unha abordaxe dende a interculturalidade.

21/2/2024

Día Internacional conmemorativo en recordo das vítimas por accidente de aviación 2024

O 20 de febreiro de 2024, fará tres anos desde a primeira vez que se celebra o Día Internacional Conmemorativo en Recordo das Vítimas por Accidentes de Aviación. Desde a División da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do Consello Xeral da Psicoloxía, ao que pertence a Psicoloxía Aeronáutica, queremos apoiar, recoñecer e ofrecer a nosa colaboración ás asociacións de vítimas de accidentes de aviación.
 
20/2/2024

Cambia a normativa sobre o uso da máscara obrigatoria

En relación co uso obrigatorio da máscara, comunicamos que a Xunta de Galicia emitiu este luns, día 29, unha instrución para que o uso xeral da máscara deixe de ser obrigatorio nos centros sanitarios, que se fará efectiva desde hoxe, martes día 30 de xaneiro.

Desde este día só será obrigatoria nos servizos de urxencias, nos PACs e nos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos.

Máis información

30/1/2024

Páxinas