A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Transformando relacións e construíndo comunidades: introdución ás prácticas restaurativas e círculos restaurativos”, que se celebrará o día 14 de de outubro de 2023 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.
O curso pretende comprender os principios fundamentais das prácticas restaurativas, aprender a facilitar círculos de diálogo/restaurativos, explorar as aplicacións prácticas restaurativas en diversos ambientes e desenvolver habilidades de escoita activa, empatía e resolución de conflitos.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico
copgalicia@copgalicia.gal ata o 4 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.