AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso “Intervención Psicolóxica na Conduta Suicida”

venres, Febreiro 1, 2019 - 17:00 a sábado, Febreiro 2, 2019 - 14:00

Informamos que os vindeiros días 1 e 2 de febreiro de 2019, celebrarase o Curso “Intervención Psicolóxica na Conduta Suicida”, en horario de 17:00 a 21:00 horas na sesión do venres, e de 10:00 a 14:00 horas na sesión do sábado. 

Lembra que a asistencia á formación é unha das obrigas que se asume ao entrar a formar parte do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias. No caso de non poder asistir é imprescindible comunicar e xustificar a non asistencia ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do enderezo electrónico: copgalicia@copgalicia.gal

O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de xaneiro de 2019.

Boletín
Díptico