Curso "Introdución á psicoloxía de emerxencias"

sábado, Marzo 6, 2021 - 11:15

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Introdución á psicoloxía de emerxencias”, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de marzo de 2021, en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Trátase dunha formación dirixida ás psicólogas e psicólogos colexiadas/os interesadas/os no eido da psicoloxía de emerxencia, tendo preferencia os membros do GIPCE-COPG que non realizaran este curso con anterioridade.

Os obxectivos deste curso son a adquisición dos coñecementos e habilidades básicas da intervención psicolóxica en emerxencias, así coma o coñecemento dos aspectos básicos de funcionamento do GIPCE.

O prazo de inscrición remata o 2 de marzo de 2021.

DESCARGA O PROGRAMA E O BOLETÍN DE INSCRICIÓN