AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

"I curso teórico-práctico: a psicoloxía nos centros de recoñecemento"

sábado, Novembro 18, 2017 - 09:00

O Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o "I Curso teórico-práctico ”, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de novembro de 2017, no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en horario de 9.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30 horas.

O último día de inscrición é o 8 de novembro de 2017.

Tamén informamos que nesta Sesión Formativa podes optar as prazas gratuítas para colexiados e colexiadas en situación de desemprego. Podes ver as bases no seguinte enlace: https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/axudas_formacion_para_colexiados_e_colexiadas.pdf

 Boletín [ver pdf]