AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Sesión Informativa "Novos enfoques da psicoloxía nos centros de recoñecemento"

sábado, Febreiro 24, 2018 - 09:00

O vindeiro 24 de febreiro de 2018 terá lugar a sesión formativa “Novos enfoques da psicoloxía nos centros de recoñecemento”, organizada polo Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo é proporcionar coñecementos e instrumentos para o exercicio profesional do perfil da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade.

O último día de inscrición é o 16 de febreiro de 2018. 

Inscrición [ver pdf]