Xornada “A mediación como ferramenta para a xestión dos conflitos no ámbito de asistencia psicolóxica ás persoas maiores”

sábado, Decembro 21, 2019 - 09:30

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “A mediación como ferramenta para a xestión dos conflitos no ámbito de asistencia psicolóxica ás persoas maiores”, impartida por Dona Inmaculada Armadans Tremolosa, e que se celebrará no salón de actos do COPG o sábado 21 de decembro de 2019.

A xornada ten como obxectivo incorporar conceptos, pautas e modelos para ser aplicados na comprensión dos conflitos e intervir neles e aprender a analizar e xestionar conflitos habituais no ámbito das persoas maiores desde un enfoque teórico-práctico.

As persoas participantes poderán presentar casos reais de conflito entre persoas coidadoras e persoas maiores para que a relatora os expoña na xornada como casos prácticos. Podedes enviar os casos a través do enlace https://forms.gle/VnYVPGQN2fxMujs87.

O último día de inscrición é o 11 de decembro de 2019

Programa