Curso “A gamificación como novo recurso na práctica psicolóxica”

luns, Maio 10, 2021 - 08:30 a xoves, Xuño 10, 2021 - 08:30

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG organiza o curso “A gamificación como novo recurso na práctica psicolóxica”, que se desenvolverá en modalidade online asíncrona a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG entre o 10 de maio e o 10 de xuño. 

Os obxectivos principais do curso son dar a coñecer que é a gamificación e a súa potencial axuda á práctica psicolóxica en calquera ámbito profesional, así como aprender a deseñar e desenvolver un sistema gamificado ou un serious game

O último día de inscrición é o 30 de abril de 2021.

Programa e boletín