Sesión Interactiva "Ser psicóloga no mundo empresarial: como atopar o noso lugar e aportar valor”

xoves, Abril 15, 2021 - 10:15

Dentro das actividades que cada ano organiza a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), atópase a Sesión Interactiva cos estudantes e profesionais do ámbito das organizacións. 

Por se é do teu interese acudir ao evento, a continuación podes ver o programa da Sesión Interactiva "Ser psicóloga no mundo empresarial: como atopar o noso lugar e aportar valor”,que se celebrará o vindeiro xoves día 15 de abril a través de MS TEAMS. Este ten como obxectivo achegar ao alumnado, experienciais profesionais dos diferentes campos de intervención da Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos.

Díptico e boletín