Curso “Aspecto ético-deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias”

sábado, Marzo 28, 2020 - 10:00

Aviso: Non quedan prazas dispoñibles. Valorarase a posibilidade de realizar unha segunda edición ao longo deste ano.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Aspecto ético-deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias”, que se celebrará no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o sábado 28 de marzo de 2020.

Con este curso quere darse a coñecer ao alumnado os aspecto ético – deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias e resolver posibles dilemas éticos que se presentan.

O último día de inscrición é o 18 de marzo de 2020.

Tríptico