Curso “Menores en situación de Transexualidade: unha mirada sexolóxica”

venres, Outubro 1, 2021 - 09:00 a sábado, Outubro 2, 2021 - 09:00

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Menores en situación de Transexualidade: unha mirada sexolóxica”, que se celebrará na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 1 e 2 de outubro de 2021. 

O curso  pretende achegar aos e ás profesionais da psicoloxía á realidade das persoas en situación de transexualidade desde un paradigma profesional como o da ciencia sexolóxica, co gallo de achegar respostas e ferramentas na abordaxe desta situación e acadar un mellor coñecemento das situacións de transexualidade, a heteroxeneidade de vivencias, e as ferramentas de acompañamento desde o ámbito psicolóxico, para así conseguir erradicar as discriminacións e facilitar unha mellor calidade de vida as persoas nesta situación. 

O último día de inscrición é o 23 de setembro de 2021.

Programa e boletín