AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Xornada “A psicoloxía clínica entre a atención primaria e a atención especializada”

venres, Xuño 15, 2018 - 09:15 a sábado, Xuño 16, 2018 - 14:00

A Asociación de psicólogos clínicos do SERGAS (APSCS), en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes (AGAPIR), organizan a Xornada “A psicoloxía clínica entre a atención primaria e a atención especializada”, que se celebrará os días 15 e 16 de xuño no Antigo Hospital de San Roque (R/ San Roque, nº 2 -15704 Santiago de Compostela) e no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (R/ Espiñeira, nº 10 – baixo, 1706 – Santiago de Compostela).

O último día de inscrición é o 11 de xuño de 2018.

Programa