AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

XXII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde: “Mal de Moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés dende o comunitario”

xoves, Novembro 16, 2017 - 09:30 a sábado, Novembro 18, 2017 - 23:30

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de novembro de 2017, celebraranse en Betanzos (A Coruña), as XXII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés dende o comunitario”. O obxectivo destas xornadas será xuntar ao maior número posible de profesionais da saúde, invitando a reflexionar sobre como ven afectando o momento cultural, político, económico e social que atravesamos á saúde mental das persoas. 

A temática proposta para as xornadas deste ano foi o estrés. O estrés defínese como a resposta de un corpo a algún tipo de demanda, por iso non entendemos o mesmo sen ter en conta o contexto no que nos vemos inmersos, isto é, as demandas ás que estamos expostos nestes tempos que vivimos. 

De un tempo para aquí, os que traballamos no eido da clínica, vimos observando que moitos dos problemas que traen os pacientes á consulta, non se resolven especificamente con psicofármacos ou con psicoterapia, se non que son resultado dun modelo concreto de organización comunitario: políticas económicas e sociais, reparto de roles (feminino/masculino) e xestión de recursos. Todo isto ten como resultado historias de vida afectadas polo estrés con importantes repercusións na saúde, cuxa cura depende máis do social que do sanitario. Desde a nosa perspectiva cremos que é tarefa de todas e de todos solventar esta situación. Con este obxectivo organizamos estas xornadas, onde faremos especial mención á situación social e institucional que atravesamos, ó papel da muller na sociedade actual e aos colectivos especialmente vulnerables e afectados como son a infancia, as persoas sen teito e as persoas con trastorno mental.

Trataremos así de afondar no coñecemento dos efectos da realidade social na saúde mental na procura de abordaxes alternativas dende unha perspectiva multidisciplinar.

Programa: [ver pdf]