XXVI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG: Trastorno mental grave “Escoitando necesidades, defendendo dereitos, propoñendo recursos”

xoves, Novembro 18, 2021 - 08:30 a sábado, Novembro 20, 2021 - 08:30

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza as XXVI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, baixo o título Trastorno mental grave “Escoitando necesidades, defendendo dereitos, propoñendo recursos”, que terán lugar na cidade de Lugo , os días 18, 19 e 20 de novembro de 2021.

 Estas Xornadas teñen como obxectivo principal coñecer cales son as necesidades asistencias das persoas que padecen trastorno mental grave nesta comunidade (incluíndo ós colectivos máis desfavorecidos: sen teito, prisións, persoas que viven no  rural, que teñen máis dificultades de acceso os servicios). Que nos leven a reflexionar como dar respostas, tendo en conta á súa opinión e as de outros profesionais implicados , poñendo no eixo central os seus dereitos, a dignidade e a loita contra o estigma e dotándonos de modelos e técnicas psicolóxicas específicas para o seu tratamento.

Debido a situación actual, este ano as XXVI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG vanse realizar de maneira mixtapoderase asistir de forma presencial en Lugo ou seguila en directo a través da plataforma Zoom, no boletín de inscrición de­berás seleccionar a opción que prefiras.

ACLARACIÓNS:

Todos os/as ponentes estarán intervindo presencialmente en Lugo, agás María Soledad Filgueira Bouza, que non poderá estar presente na conferencia inaugural das Xornadas, e intervirá de maneira online a través da plataforma zoom, e o profesor Richard P. Bentall, que dada a situación sanitaria actual , confirmarase máis adiante se asistirá presencialmente á conferencia de clausura ou se tamén intervirá de forma online.

DESCARGA O PROGRAMA E O BOLETÍN DE INSCRICIÓN