Xornada formativa “A diversidade sexual na adolescencia de hoxe”

sábado, Abril 24, 2021 - 10:00

A Sección de Psicoloxía Educativa do COPG organiza a xornada formativa “A diversidade sexual na adolescencia de hoxe”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e de Zoom o sábado 24 de abril de 2021.

Esta xornada formativa centrarase na análise do carácter construído da identidade sexual, así como en cuestionar a heteronormatividade, recoñecendo a diversidade de identidades. Ademais, procurarase determinar como integrar dita diversidade na vida cotiá para que o acoso homófobo e tránsfobo deixen de ser unha realidade.

O último día de inscrición é o 14 de abril de 2021.

Programa e boletín