AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Obradoiro "A Asistencia Psicolóxica Especializada a Vítimas do Delito"

sábado, Marzo 16, 2019 - 09:00

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o Obradoiro “A Asistencia Psicolóxica Especializada a Vítimas do Delito”, que se celebrará o próximo día 16 de marzo no salón de actos do COPG. 

A actividade ten entre outros obxectivos dar a coñecer a regulación legal desenvolvida en España, onde se recoñece o dereito a asistencia psicolóxica ás vítimas do delito.

O último día de inscrición é o 6 de marzo de 2019.

Programa