Nova edición do curso “Psicoterapia e trauma relacional”, organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
Esta 3ª edición celebrarse o 30 de xaneiro de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 20 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

