A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Aprender a traballar os trastornos alimentarios e obesidade dende máis alá do síntoma coa comida”, que se celebrará os días 13 e 14 de decembro de 2024 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivos ofrecer información sobre as patoloxías alimentarias para organizar un plan de tratamento adaptado á persoa e presentar información sobre o recoñecemento e o traballo con defensas para entender estas patoloxías.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 3 de decembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.