A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “A comunicación non violencia-CNV: Aplicación ao eido da xestión de conflitos”, que se celebrará o día 14 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela.
O curso pretende fomentar relacións persoais e profesionais satisfactorias, baseadas no respecto, a compaixón e a cooperación, xestionar conflitos dende o coidado, desenvolver a capacidade de escoita e de compresión, saber dicir “non” e aceptar o “non” doutras persoas, resolver sentimentos de culpa, medo e vergoña, afondar en como as persoas podemos contribuír, naturalmente e dende a liberdade, ao benestar doutras persoas, traspasar condicionamentos culturais e rematar con patróns de pensamento que levan a discusións e ira.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico
copgalicia@copgalicia.gal ata o 4 de decembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.