AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias

venres, Setembro 14, 2018 - 09:00 a sábado, Setembro 29, 2018 - 21:00

Os días 14, 15, 28 e 29 de setembro celebrarase o Curso de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O lugar de celebración está pendente de confirmación, pero será na cidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo da actividade é capacitar ás persoas participantes de coñecementos, técnicas e habilidades necesarias para reducir o impacto psicolóxico en situacións críticas e as consecuencias emocionais das mesmas.

O prazo de inscrición remata o 4 de setembro de 2018.

Programa [ver pdf]
Boletín de inscrición [ver pdf]