Curso introdutorio “O abuso emocional dentro do ámbito da violencia de xénero. A violencia invisible á vista”

sábado, Outubro 3, 2020 - 09:00 a sábado, Outubro 24, 2020 - 14:00

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso introdutorio “O abuso emocional dentro do ámbito da violencia de xénero. A violencia invisible á vista”, que se desenvolverá entre o 3 e o 24 de outubro de 2020.. Este curso está organizado de acordo co convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade, para dar cumprimento aos obxectivos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

Levaranse a cabo de modo online e terá un carácter teóricopráctico, e está encamiñado a facilitar unha formación básica e especializada en xénero, violencia de xénero e perspectiva de xénero. A formación está dirixida a todos os psicólogos e psicólogas colexiadas no COPG, co obxectivo de proporcionar a integración dunha mirada de xénero que nos permita superar a iniquidade (desigualdades innecesarias, evitables e inxustas) desde a nosa vida e o noso ámbito profesional e deste modo atender ao carácter ético asociado coa xustiza social e DD. HH.

O último día de inscrición é o 28 de setembro de 2020.

Programa (acceder ao pdf)

Boletín de inscrición (acceder ao pdf)