O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Manexo de situacións conflitivas, persoas violentas, presión social e chamadas difíciles”, que se celebrará o día 4 de novembro de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso pretende familiarizarse co concepto de conflito, recoñecer escenarios difíciles con risco de conflito ou violencia, prever a aparición de complicacións violentas durante a intervención, profundar nos facilitadores e barreiras do manexo de conflitos, examinar os diferentes tipos de conflitos, situacións conflitivas e personalidades, incorporar habilidades de comunicación ante persoas frustradas, enfadadas ou violentas, desenvolver habilidades básicas para a intervención con desordes conductuais, recoñecer e manexar as nosas propias reaccións fronte á frustración e o conflito e coidar do intervinte
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Programa [versión galego]
Programa [versión castelán]
Boletín de inscrición [versión galego]
Boletín de inscrición [versión castelán]