Curso "Síndrome de down: deterioro cognitivo e saúde mental no envellecemento"

sábado, Decembro 2, 2023 - 13:00

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Síndrome de Down: deterioro cognitivo e saúde mental no envellecemento”, que se celebrará o día 2 de decembro de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso pretende dar a coñecer as características do proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Dowm ou outra capacidade intelectual e proporcionar estratexias básicas para a atención e a relación con este colectivo, como potenciais clientes/as dos seus servizos.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 28 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición