Curso "Terapia narrativa para traballar con adolescentes que usan a violencia"

venres, Novembro 3, 2023 - 16:00 a sábado, Novembro 4, 2023 - 14:00

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Terapia narrativa para traballar con adolescentes que usan a violencia”,  que se celebrará os días 3 e 4 de novembro de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 O curso ten como obxectivos deconstruír as etiquetas dos adolescentes que usan ou usaron a violencia filio-parental, coñecer as múltiples historias na identidade dos adolescentes e potenciar unha historia alternativa que afasta ós adolescentes do uso da violencia.

 Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa 

Boletín de inscrición