Formación

Amplíase o prazo de inscrición ata o 23 de marzo.

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o obradoiro “Avaliación do risco e necesidades en nenos e nenas e adolescentes en situación de desprotección e conflito social”, que se celebrará o día 25 de marzo de 2023 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

O curso pretende profundar nos diferentes perfís de menores en situación de desprotección e conflito social, así como súas necesidades e consecuencias derivadas das situacións de vulnerabilidade, identificar e analizar os factores de risco e de protección máis relevantes de cara á prevención e intervención con menores no Sistema de Protección á Infancia e Adolescencia e no Sistema de Xustiza Xuvenil e dar a coñecer algunhas das ferramentas de avaliación do risco e nas necesidades que están a empregar na actualidade en Galicia con menores en situación de desprotección e conflito social.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición

O Máster en Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizan o III Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía, que se celebrará o 28 de marzo de 2023 en horario de 16:30 a 18:30 horas a través da plataforma Zoom.

Neste encontro abordarase o tema sobre innovación en xerontoloxía cos psicoxerontólogos Feliciano Villar, Catedrático de Psicoloxía do Desenvolvemento e Coordinador do Máster na Universitat de Barcelona, e Luis Barros, CEO de Atendo

Tes máis información no programa que figura máis abaixo.

Se é o deu interese, inscríbete de xeito gratuíto enviando un correo electrónico cos teus datos a senior.innovation@usc.es

A data límite de inscrición é o 23 de marzo de 2023.

Cartel
Programa 

O xoves 13 de abril ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG" , na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación do traballo "Repensando o TDAH", na que se fará unha exposición do traballo "Repensando o TDAH", premio FEAP 2022. Este traballo procura unha achega a este trastorno ou síndrome desde unha perspectiva non biomédica, cunha aproximación psicosocial, psicoanalítica, filosófica e literaria a partir da estrutura da traxedia grega.

Será presentado por Andrés Sampayo Salgueiro (G-3314), psicólogo habilitado para o exercicio de actividades sanitarias, psicoterapeuta acreditado pola FEAP e presidente da Asociación de psicoanálise aplicado Gradiva. Premio FEAP 2022.

Para inscribirte é necesario enviar o boletín de inscrición debidamente cumprimentado a través do correo electrónico do COPG copgalicia@copgalicia.gal ou a través da Sede Electrónica do Colexio.

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG. 

Este é un ciclo aberto no que podes participar, para compartir mensualmente un webinar sobre unha publicación, un libro, unha investigación, un caso clínico, un programa de intervención psicolóxica.

Programa

A Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Aspectos Ético-Deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias" (2ª Edición),  que se celebrará os días 28 e 29 de abril de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso pretende acadar os coñecementos dos aspectos ético-deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias: resolución de dilemas éticos, o consentimento informado segundo a idade do/a menor, relacións con pais separados e como proceder, procedemento de actuación cando un dos pais ten aberto proceso xudicial por violencia familiar, intervención e avaliación do menor, confidencialidade, elaboración de informes que cumpran as normas deontolóxicas, o informe clínico contra o informe pericial, problemas coa dualidade de funcións do psicólogo na abordaxe dun caso...

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 18 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición