Obradoiro "Bases conceptuais e operativas do perfilado e da análise da conduta criminal"

venres, Decembro 4, 2020 - 09:15 a venres, Decembro 18, 2020 - 20:15

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG organiza o obradoiro "Bases conceptuais e operativas do perfilado e da análise da conduta criminal", que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG os días 4, 11 e 18 de decembro.

Entre os obxectivos do obradoiro, destacan o de comprender as motivacións das persoas que delinquen, entender a técnica da perfilación psicolóxica e estudar os seus elementos principais.

O último día de inscrición é o 24  de novembro de 2020.

Programa (accede ao pdf)

Boletín de inscrición (accede ao pdf)