Seminario online "Introdución á Terapia Centrada na Compaixón"

luns, Xuño 29, 2020 - 16:30 a 19:30

AVISO IMPORTANTE: Non quedan prazas dispoñibles

O Grupo de Traballo de Psicólogas e Psicólogos dos CIMs da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Seminario online “Introdución á Terapia Centrada na Compaixón” o vindeiro luns 29 de xuño de 2020 en horario de 16:30 a 19:30 horas.

Tratarase dun seminario cunha metodoloxía teórico-práctica de aproximación á Terapia Centrada na Compaixón de Paul Gilbert. Realizaranse prácticas de mindfulness e compaixón.

O último día de inscrición é o 19 de xuño de 2020.

Programa  (pincha aquí)
Boletín de inscrición (pincha aquí)