XXIX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG "Desafiando á historia"

venres, Setembro 13, 2024 - 11:45

Os días 7, 8 e 9 de novembro de 2024 terán lugar as XXIX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Desafiando á historia”, en Ribadavia.

Estas Xornadas teñen como obxectivos reflexionar sobre a importancia da elaboración dunha narrativa compartida que permita elaborar emocións e repensar conflitos en problemáticas sociais, reflexionar sobre o uso de técnicas narrativas na psicoterapia de adultos con problemáticas complexas de pór en palabras, tanto dende o punto de vista do terapeuta como en primeira persoa, reflexionar sobre o uso de técnicas narrativas na abordaxe de experiencias psicóticas e a reconstrución dunha identidade tras o trauma da crise, tanto para a persoa como para o seu círculo máis próximo, reflexionar sobre o uso de técnicas narrativas na xestación en situacións de vulnerabilidade, na infancia para a construción do vínculo, e na adolescencia, presentar o “Anuario” que é a publicación periódica de carácter científico da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e fomentar un espazo aberto e colaborativo para a presentación de traballos científicos en formato póster ou comunicación oral para as persoas asistentes.

O día 7 de novembro terán lugar os obradoiros pre-xornadas, celebraranse no museo do viño de Galicia e cando finalicen haberá unha pequena visita guiada ó museo para as persoas asistentes ós obradoiros interesadas en asistir, así mesmo, despois da visita guiada haberá unha cata de viños e unha cea informal onde é necesario facer a inscrición previa (non é necesario que acudiran previamente ós obradoiros para poder anotarse).

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 28 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa e boletín