Curso "Atención psicolóxica telefónica en crises suicidas"

luns, Xullo 26, 2021 - 10:30

O sábado 26 de xuño de 2021, en horario de 09:30 a 13:30 horas, celebrarase o curso "Atención psicolóxica telefónica en crises suicidas", organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Trátase dunha formación exclusiva para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE. 

O curso será impartido por Pedro Martín-Barrajón Morán e ten como obxectivos adquirir os coñecementos para unha adecuada atención telefónica psicolóxica en crises suicidas e ofrecer pautas que nos permitan desenvolver e mellorar o noso traballo como psicólogas e psicólogos de emerxencias nunha intervención.

Programa e boletín