Sesión formativa “Tratamento clínico das fobias: amaxofobia, protocolo e casos prácticos”

sábado, Xuño 12, 2021 - 12:45

Informamos da sesión formativa “Tratamento clínico das fobias: amaxofobia, protocolo e casos prácticos”, organizado desde o Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e dirixido a todas as persoas colexiadas. 

O curso realizarase a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom o vindeiro sábado 12 de xuño de 2021. As credenciais de acceso serán enviadas xunto coa confirmación de admisión á formación. 

É requisito imprescindible enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto por correo electrónico, fax ou correo ordinario á administración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ata o 8 de xuño de 2021.

Programa e boletín