AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

II Curso de mediación civil e mercantil

sábado, Setembro 15, 2018 - 09:00 a sábado, Decembro 15, 2018 - 21:15

Segue aberto o prazo de inscrición do  II curso de Mediación Civil e Mercantil

Entre o 15 de setembro e o 1 de decembro de 2018 terá lugar o II Curso de mediación civil e mercantil, organizado pola Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, que se celebrará no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 – baixo | 15706 Santiago de Compostela). 

O curso terá un mínimo de 24 asistentes, e daráselle preferencia ás psicólogas e psicólogos colexiados, suspendéndose a súa celebración no caso de non obterse este número de preinscricións. 

Aquelas persoas interesadas en matricularse, deberán formalizar a súa preinscrición enviando por escrito ao Colexio comunicación de ter interese en matricularse no curso. 

Programa [ver pdf]