Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Xunta Directiva, na súa xuntanza de 22 de setembro de 2022, decidiu convocar Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.

A data da Xornada Electoral será o venres 23 de decembro de 2022 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

Convocatoria [ver pdf]
Calendario electoral [ver pdf]
Normas de voto [ver pdf]