STOP INTRUSISMO COPG. Formulario Denuncia Intrusismo

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou a Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo co obxectivo de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade que entre outras metas pretende erradicar a proliferación das pseudoterapias, pseudociencias ou prácticas non reguladas de profesionais doutros ámbitos e que realizan actividades propias da dos e das profesionais da psicoloxía.

 É un labor de todos e todas contribuír a eliminación do instrusismo como un problema que pode poñer en risco a saúde dos usuarios e usuarias.

 Para o exercicio da profesión é requisito estar inscrito no Colexio Profesional de Psicoloxía correspondente segundo a comunidade autónoma na que exerza, tal e como indica o artigo 3.2 da Lei 2/1974, de 13 de febreiro e a súa reforma na Lei 25/2009, de 22 de decembro (Lei Ómnibus).

 No caso de ter coñecemento dalgún caso de intrusismo, agradecemos a túa colaboración, comunicándoo ao Colexio a través do seguinte formulario:

Datos da persoa denunciante
Un único e-mail
Datos da persoa denunciada