Grupo de Traballo de Psicoloxía Perinatal

 O grupo está formado por:

Sandra Mª Fernández Román
Hadriana Ordóñez Otero

O grupo de traballo de psicoloxía perinatal do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia xorde da necesidade de dar lugar e recoñecemento desta rama da psicoloxía na nosa comunidade.

A psicoloxía perinatal ocúpase de todos os procesos emocionais relacionados coa preconcepción, concepción, embarazo, parto, posparto e crianza temperá.

Son ámbitos de actuación desta disciplina os procesos de infertilidade, dó pola morte do ou da bebé, cadros depresivos ou ansiosos na xestación e puerperio, adaptación á mater-paternidade, os traumas no parto e a vinculación coas crianzas e o establecemento dun apego seguro.

Así, neste grupo de traballo temos como obxectivos:

  • Estudo da psicoloxía perinatal en tódolos seus ámbitos de actuación.
  • Divulgación desta rama da psicoloxía en cualquera dos ámbitos nos que actúa
  • Promoción da actividade formativa e investigadora no campo da psicoloxía perinatal. Sempre desde unha perspectiva integradora baseada na evidencia e no rigor.
  • Promover e realizar proxectos formativos dirixidos a profesionais da psicoloxía, que desexen formarse neste campo. Promover e desenvolver proxectos de intervención tanto preventiva coma terapéutica no eido da psicoloxía perinatal.
  • Coordinación e cooperación con outras entidades relacionadas coa psicoloxía perinatal, ou co eido da perinatalidade en xeral.
  • Dotar de rigor ás actuacións desenvolvidas dentro de esta rama.
  • Servir de espazo de encontro, supervisión e debate para as e os profesionais da psicoloxía que desenvolven a súa actividade neste campo.
  • Promover a saúde mental perinatal, tanto nas actuacións baseadas na intervención directa, como en programas de prevención e difusión.
  • Velar pola axeitada práctica profesional, con vixilancia sobre o intrusismo dentro do campo da perinatalidade.
  • Velar pola perspectiva de xénero no campo da perinatalidade.

 Descargar o  tríptico sobre Psicoloxía Perinatal en formato pdf