AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Fallo do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de Cen Follas"

13/11/2017

O pasado 9 de novembro celebrouse a xuntanza do xurado do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista Joel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta edición as  persoas premiadas son:

Categoría de narrativa:

Gañador:

» “Encher de vida o peito”, de Carlos Mendez Leis.

Mención especial:

» “Retallos”, de Purificación Leal Docampo.

 Categoría de poesía:

 Gañadora:

» “Habitación compartida no materno-infantil”, de Verónica Martínez Delgado.

 Mención especial:

» “Versos sen pan”, de Xosé Pompei.

 

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 12 de decembro de 2017 a partir das 20.00 horas na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.