AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Fallo do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de Cen Follas"

30/11/2018

O pasado 15 de novembro de 2018 celebrouse a xuntanza do xurado do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de La Voz de Galicia Joel Gómez, para deliberar o fallo desta edición. 

Nesta ocasión os premiados son: 

Categoría de narrativa: 

Gañador:

» “Salvamento”, de Fernando González Iglesias.

Categoría de poesía: 

Gañadora:

» “Liberación”, de María Carou López. 

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 11 de decembro de 2018 a partir das 20:30 horas no espazo Abanca Obra Social (Praza de Cervantes, 19. 15704 Santiago de Compostela).