A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Intervención motivacional en conflitos: Vencer resistencias aos encontros de mediación”, que se celebrará o día 25 de xaneiro de 2025 en Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivos entender o como e o porque desta proposta de intervención, descubrir formas de intervención que axuden a superar as resistencias psicolóxicas ao cambio, traballar a apertura e disposición das persoas para superar as súas dificultades e conflitos, adquirir as competencias para implementar o modelo na xestión de conflitos, en especial naqueles con alta carga emocional, profundar no uso da ferramenta de avaliación e intervención “cuestionario de fases motivacionais”, descubrir a potencialidade desta intervención na súa práctica profesional e disipar todas as dúbidas sobre a intervención motivacional en conflitos.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.