Convocatoria PIR 2021

14/9/2021

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, informamos que o 11 de setembro de 2021 saiu a Convocatoria de probas selectivas 2021 para o acceso en 2022 a prazas de formación especializada para Psicólogos/as Clínicos/as.

Prazas ofertadas: 204 prazas para a Especialidade de Psicoloxía Clínica

As solicitudes pódense presentar dende o 13 de setembro de 2021 ata o 27 de setembro de 2021 ás 14:00h.  

Podes acceder á publicación do BOE neste [enlace]

Podes obter máis información na páxina do Ministerio de Sanidade neste [enlace]