Curso "Intervención Psicolóxica en Emerxencias para Centros Educativos"

5/10/2021

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso Intervención Psicolóxica en Emerxencias para Centros Educativos”,  que se celebrará o día 30 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom.  

O curso pretende adquirir coñecementos para intervención psicolóxica nos centros educativos, ante as situacións de emerxencia e incidentes críticos que poden xurdir dadas as súas propias características.

O último día de inscrición é o 20 de outubro de 2021.

Programa e boletín