Curso "Mocidade e sexualidades: reflexións dende a práctica clínica"

10/9/2024

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Mocidade e sexualidades: reflexións dende a práctica clínica”, que se celebrará o día 5 de outubro de 2024 no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos abordar diferentes temáticas de actualidade con respecto á sexualidade nos adolescentes e adultos mozos, promover un espazo de reflexión acerca das sexualidades nesta poboación: medos que soemos ter como profesionais, posibles actuacións, percepción dos adolescentes e retos por acadar, dar a coñecer a través de casos clínicos a demanda que soe prestarse en consulta con respecto a esta área e describir a rede de apoio asistencial con respecto a esta temática e ferramentas das que podemos botar man.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 24 de setembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín