O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Proceso de transición e traballo de acompañamento ás persoas trans e as súas familias”, que se celebrará o 26 de novembro de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos explicar as distintas fases, tratamento e dificultades no proceso de transición de xénero, así como as estratexias de axuda, tanto ás persoas trans como as súas familias.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.