O curso “Psicoterapia e trauma relacional (2ª edición)", organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, se celebrará o día 11 de xaneiro de 2025.
Este curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.
Aclaración: Non é unha segunda parte do curso, senón unha segunda edición, o programa e contidos son os mesmos do anterior curso.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 2 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.