Curso "True Crime: Realidade e ficción na investigación psicolóxica do delito violento"

4/11/2024

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso True Crime: Realidade e ficción na investigación psicolóxica do delito violento”, que se celebrará o día 21 de decembro de 2024 na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos analizar os límites éticos dos programas “true crime”, analizar as razóns da fascinación social cara a ficción criminal e o true crime, entender a aplicación da psicoloxía criminal á investigación do delito violento, discutir as diferenzas entre realidade e ficción, reflexionar sobre a relación entre trastorno psicolóxico e crime cinematográficas da delincuencia violenta e comprender a relación entre psicopatía e conduta agresiva.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de decembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín