En xaneiro volve Falamos, o ciclo de experiencias compartidas do COPG

28/12/2021

O xoves 13 de xaneiro ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo experiencias compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Neste webinar presentarase o libro Como superar una adicción en cinco pasos, por parte do seu autor, o colexiado Maximino Portela Freire, director da UAD de Cangas.  

Podes inscribirte directamente e de balde en https://zoom.us/webinar/register/WN_45AEeounQE6yVeJ7htvL0g 

A actividade está aberta a todo o público interesado.

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.

Programa