AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Foro "Empresa e Universidade: necesidades formativas e práctica profesional en PTO"

4/10/2017

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións organizou para o próximo 21 de outubro un Foro sobre "Empresa e Universidade: Necesidades formativas e práctica profesional en PTO" co obxectivo de debater o impacto do Espazo Europeo de Educación Superior na formación dos futuros e futuras profesionais do ámbito dos RRHH e a súa relación coas esixencias e funcionamento das empresas.

É unha oportunidade para que os membros da sección poidan reflexionar e elaborar propostas sobre contidos formativos, e a súa adaptación ás diversas culturas e estratexiasorganizacionais.

A inscrición é gratuíta e o último día para formalizala é o día 18 de outubro.

Díptico [ver pdf]