25 aniversario do GIPCE

10/9/2021

Este ano cúmprense 25 anos desde que se formou no COPG o Grupo de Protección Civil, o xérmolo que deu lugar ao que hoxe coñecemos como Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). 25 anos sostendo as emocións nas emerxencias galegas. 

Con este motivo, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizamos o Acto Conmemorativo do 25 Aniversario do nacemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) o vindeiro sábado 9 de outubro de 2021, ás 11:00 horas no Salón de Actos da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP. Rúa da Cultura, s/n. 36680 A Estrada. Pontevedra).

Por motivos de aforo é preciso confirmar a asistencia ao acto ata o 6 de outubro no teléfono 981534049 ou no correo copgalicia@copgalicia.gal