Ampliación prazo de inscrición para o curso de comunicación de malas novas en emerxencias e catástrofes e proceso do dó

10/9/2019

Ampliación do prazo de inscrición ata o 16 de setembro inclusive.

Os días 20, 21, 27 e 28 de setembro de 2019 o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso  de comunicación de malas novas en emerxencias e catástrofes e proceso do dó. Esta actividade está dirixida a psicólogos e psicólogas colexiadas e estudantes de último curso de Grado de Psicoloxía.

O obxectivo desta actividade  é adquirir coñecementos, técnicas e habilidades necesarias para o desempeño da función e tarefas neste ámbito de actuación.

Díptico
Boletín de inscrición [ver pdf]