O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “A comunicación de malas noticias en emerxencias”, que se celebrará o día 7 de outubro de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso pretende coñecer as particularidades da comunicación de malas noticias en emerxencias e situacións críticas, adquirir as habilidades básicas para realizar unha boa comunicación de malas noticias e coñecer de primeira man as bases de comunicación de malas noticias en emerxencias atendidas polo GIPCE
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 3 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.