AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso “Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias”

13/3/2019

Ampliación prazo de inscrición ata o luns 25 de marzo inclusive.

Os vindeiros días 29 e 30 de marzo e 5 e 6 de abril de 2019, en horario de venres de 17:00 a 21:00 horas e sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, celebrarase o Curso “Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O lugar de celebración é a Aula 11 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo da actividade é capacitar as persoas participantes no curso de coñecementos, técnicas e habilidades necesarias para reducir o impacto psicolóxico en situacións críticas e as consecuencias emocionais das mesmas.

Díptico

Boletín